segunda-feira, 9 de janeiro de 2012

Tristura

A veces sinto, sin vir ao caso, unha tristeza inmensa que me inunda e me impide ver os pequenos detalles bonitos que ten a vida. En ocasións me sinto responsable de todo o que ocurre ao meu redor, de que a xente non sonría coma antes... e outras simplemente que me perdo na néboa e non alcanzo a ver o norte.
Busco desesperadamente un sinal que en ocasións non está e boto mans de algún recordo. Estos días estou triste, moi triste e non atopo o momento de me desafogar chorando. Procuro por todos os medios toparme co meu sol pero non me sae nada ao dereito. So quero fundirme nos seus brazos porque ese é o lugar onde todas as penas se van e todo me parece marabilloso.
Ainda así busco enerxía nos bos momentos e non deixo de sorprenderme da entereza co que estou levando un dos máis tristes episodios da miña vida protagonizado por esa puñetera enfermidade que nos arrebatou a Phoe. Penso que son afortunada por non ter problemas de saúde pero a veces dubido se a miña saúde mental é tan sana como se me antollaba non hai tanto.
Estou triste pero sonrío, sempre creín cegamente nesa frase que di que máis vale un triste sorriso que a tristeza que produce non volver sorrír. Unha vez máis lle regalo ese sorriso a Saule porque ela é quen me fai ver o bonito do mundo.

PD: A veces non me parece xusto regalarlle un triste sorriso a Saule porque é digna merecedora do mellor dos sorrisos e neste caso non é o meu.

1 comentário: