quinta-feira, 3 de novembro de 2011

Xa non sei que pensar

Querida Sorte:
Estou algo encabornada, por dicilo de xeito suave, contigo por unha sinxela razón: non tratas nada ben a miña familia. Non sei se é cuestión de xustiza divina, si é que ralmente estaba escrito que as cusas tiñan que pasar así ou é que che caemos mal.
O certo é que me gustaría darche unha patada e mandarte ao carallo (dispensen a miña linguaxe, pero teño motivos para poder dicir algún taco) porque a túa indiferencia impasible me resulta flagrante e me enervas. Que podo facer cando me sinto así? Pois só se me ocorre unha solución, escribir e escribir. Dicir as cousas que se me pasan pola cabeza e blasfemar se fose preciso.
Estou ata as pelotas, e eso que non teño, de que te cebes coa saúde dos meus familiares. Hai a penas uns meses agotaches as forzas dunha muller extraordinaria que loitou trece anos contra a maldita enfermidade que agora volve chamar a nosas portas, o cancro. Empezaches con meu tío Angelito, despois miña prima Bego e agora pos a proba as fordas do meu pai facéndolle tropezar con esta merda.
Estou farta, Amiga Sorte, en ocasións penso que non sei si é que te estraviaches e por iso pasa o que pasa ou é que tamén tes unha cara negativa coa que condeas á xente a teu antollo. Xa non sei que pensar, creín que te tiña do meu lado...

Sem comentários:

Enviar um comentário