sexta-feira, 30 de dezembro de 2011

Un ano que toca a súa fin

Con a penas corenta e oito horas para a fin deste ano, que sen dúbida non esquecerei xamáis, penso en facer un resumo do acontecido. Este ano que ven tocando ao seu fin está marcado pola pérdida dun ser queridísimo, a de miña prima e amiga Phoe. Tamén estará sinalado pola loita e o apoio, polas sorpresas hora e polo orgullo.
Neste ano que remata houbo momentos de todo tipo: de tristura, ledicia, de amor, de enfado, de angustia, de familia, de soidade, de grandeza, de insignificanza, de vergoña, de orgullo, de desilusión, risas incontroladas, de flaqueza, de envalentonamento, de reconciliación e reencontro... Todos estos instantes intercalados en maior ou menor medida facendo de cada día algo distinto, algo merecedor dunha vida non mediocre.
Por sorte sigo contando con unha man amiga que me acompaña no viaxe da vida e esto é o que me empuxa a querer seguir mellorando como persoa (xa vos teño falado dela, é Saule), que me apoia e me comprende, que me quere con todas as miñas limitacións. Saule, esa persoa da que sigo namorada, é unha extraordinaria persoa que me apoiou e me aguantou (e ainda me aguanta) nos momentos máis duros deste ano que remata.
Botando a vista atrás nestos últimos doce meses acórdome de momentos bos: o día que nos rimos Phoe e máis eu na cama do hospital vendo un vídeo resume dunha película que viramos había como seis ou sete anos sobre unha cebra que quería ser "cabalo de carreiras"; o día que me rín con Saule imaxinando un monstro que iventamos unha tarde de inspiración; recordo as conversas que tivemos para endereitar unha relación que non pasaba por un bo momento; recordo chorar de emoción ao escoitar unha canción que me recordaba a Phoe e tamén sorrír ao escoitar algunha outra que me recordaba a Saule; recordo (porque desto non hai tantos días) ter conversado co meu irmán, unha persoa que me parecía completamente inaccesible; recordo ter dito a meu pai o orgullosa que me sinto de que me ensinaran a ser persoa coa súa educación; tamén recordo un preciso instante onde Saule me volveu namorar e meus ollos se inundaron de novo de luz; recordo tristemente como despois da perda de Phoe non fun capaz de voltar entrar no cemiterio; recordo o calor do corpo de Saule ao dormir na mesma cama; recordo perderme no medio dos meus pensamentos e que con tan só unha palabra, un xesto ou unha mirada do meu sol, atoparme de súpeto; recordo brindar o meu apoio a Phoe e a meu pai na súa loita persoal contra esa enfermidade que nos atormentou este ano; recordo protestar por terme un pouco "desacreditada" na casa polo feito de ser a pequena e ter asumido, case sen querer, a responsabilidade no transcruso da enfermidade de meu pai; recordo a voda de unha boa amiga, a animación que desprendia a mesa 14 durante o banquete e o baile que me marquei despois de comer co meu pai; recordo o fermosísimo comezo de ano que tiven nunha compañía inmellorable; recordo os viaxes ao hospital en demasiadas ocasións; recordo o afortunada que me sentín cando Phoe decidiu dar comigo o seu último paseo; recordo ter chorado por moitas cousas e sorprenderme da entereza coa que afrontei os malos momentos deste ano; recordo terlle presentado a meu pai ao meu amor e recordo aquela mirada que nos botaba cando sentadas no sofá contemplabamos un álbum de fotos familiar; recordo ter que tomar decisións importantes como pedirlle a miña irmá que adiantase a súa viaxe; recordo a risa do meu sobriño Noah e de meus afillados; recordo terme enfadado con determinadas chamadas ao móbil; recordo tantas cousas que non me podería caber aquí...
E quédome co bo que me ensinou este longuísimo ano: a ser máis forte, a sentirme afortunada, a tratar de superarme, a non deixar de sorprenderme, a seguir amando sen condicións, a seguir vivindo... Foi un ano duro e sobre todo moi emotivo e sensible... Espero que o ano que comeza sexa mellor que o que remata e que os tempos duros que se aveciñan sexan o máis levadeiros posibles. Desexo o mellor para todas aquelas persoas que están no meu entorno, meu pai, miña nai, meu irmán, miña irmá, meu sobriño e en xeral a todas aquelas persoas que considero "a miña familia"... Teño que facer especial mención á persoa que máis quero, Saule: "Grazas por estar aí"
Mañá será o último día do ano, o día no que vou facer dous anos sen fumar e os meus propósitos de aninovo serán: o que non puiden cumplir este ano, deixar de morder a uñas; comer mellor e facer algo de exercicio. Ah! E por suposto tratar de ser feliz coa miña xente!

domingo, 11 de dezembro de 2011

Que duro é...

Que duro é ver nunha folla de urxencias un diagnóstico que xa sabiamos de antemán, pero non é o mesmo que che falen de un cancro de pulmón que máis ou menos xa sabemos todos o que é, que leer o diagnóstico por escrito "Adenocarcinoma de pulmón en fase IV". "É o mesmo diagnóstico" penso unha e outra vez para min, pero no fondo sei que non é igual.
Por desgraza coñezo os diferentes estadíos da enfermidade que nos atormeta dende hai uns meses. "Puto cáncro!" me digo case sen pensar, "levaches á miña prima e agora queres acabar co meu pai". A única maneira de desafogar a miña frustración é personalizar a enfermidade e falarlle de "tú a tú". Non sei se me estou volvendo tola, se esto é un proceso normal ou se estou caindo outra vez no burato da tristeza e da desesperación. Non o sei, pero gústame pensar que só é unha fase e que hei sobrepoñerme e seguir adiante.
A soas choro, grito e me enfado e ás veces o enfado me dura varios días, pero intento disimular e tranquilizarme, tento non facer daño con palabras a quen non as merece pero aquela persoa que me perturba, abuf!, non teño piedade. Despois tento sorír, pero ás veces custa porque esto cansa, pesa... Pero non podo tirar a toalla, teño que aguantar e seguir hacia adiante, non podo determe a descansar nin soltar o peso de golpe. Espero que esta semana que empeza mañá sexa máis levadeira porque terei compañeira de fatigas, miña irmá ven á casa coma o turrón, pero esta vez o turrón saberá un pouco máis amargo.

terça-feira, 6 de dezembro de 2011

Al final de la función

É triste ver un escenario abandonado, onde as luces xa non brilan co espectáculo. É triste ver co o artista que colleitou centos de aplausos xa non ten forzas para actuar e como entre bastidores ve a fin do seu número. O seu grupo de teatro está aí, amosándolle o bonito do momento, pero un aforo case baldeiro e cheo de po non é un panorama alentador para seguir con esta obra. Unha representación que todavía non rematou.
O artista protagonista é un home alto, delgado, moreno de pelo pero con entradas que lle fan parecer que ten unha enorme fronte, ten un singular bigote con historia propia e nunca, nunca lle faltou humor para botarlle á súa actuación. A obra que está representando ten trazos de drama pero non hai tanto tempo tiña tintes cómicos e alegres, e ainda neste preciso instante que vai baixando o telón ten detalles marabillosos.
Naquel vello teatro onde se representan diferentes obras, hai dúas pingueiras e dende o patio de butacas se pode escoitar o son das gotas na rúa ao chover, ás veces suave eu otras máis intensamente. Pero ese teatro é ben querido polos seus seguidores e ainda que os focos xa non brilan coma antes, non rematou a función. O protagonista mira paciente o momento de saír a escena de novo, con un último impulso a dicir o seu discurso final. Mentres non caia o telón de todo a obra non terá finalizado así que como decía o gran Charlie Chaplin nun dos seus poemas:

"La vida es una obra de teatro que no permite ensayos...
Por eso, canta, ríe, baila, llora
y vive intensamente cada momento de tu vida...
...antes que el telón baje
y la obra termine sin aplausos.
¡Hey, hey, sonríe!
más no te escondas detrás de esa sonrisa...
Muestra aquello que eres, sin miedo.
Existen personas que sueñan
con tu sonrisa, así como yo.

¡Vive! ¡Intenta!
La vida no pasa de una tentativa.

¡Ama!
Ama por encima de todo,
ama a todo y a todos.
No cierres los ojos a la suciedad del mundo,
¡no ignores el hambre!
Olvida la bomba,
pero antes haz algo para combatirla,
aunque no te sientas capaz.

¡Busca!
Busca lo que hay de bueno en todo y todos.
No hagas de los defectos una distancia,
y sí, una aproximación.

¡Acepta!
La vida, las personas,
haz de ellas tu razón de vivir.

¡Entiende!
Entiende a las personas que piensan diferente a ti,
no las repruebes.

¡Eh! Mira...
Mira a tu espalda, cuantos amigos...
¿Ya hiciste a alguien feliz hoy?
¿O hiciste sufrir a alguien con tu egoísmo?

¡Eh! No corras...
¿Para que tanta prisa?
Corre apenas dentro tuyo.

¡Sueña!
Pero no perjudiques a nadie y
no transformes tu sueño en fuga.

¡Cree! ¡Espera!
Siempre habrá una salida,
siempre brillará una estrella.

¡Llora! ¡Lucha!
Haz aquello que te gusta,
siente lo que hay dentro de ti.

Oye...
Escucha lo que las otras personas
tienen que decir, es importante.

Sube...
Haz de los obstáculos escalones
para aquello que quieres alcanzar.
Mas no te olvides de aquellos
que no consiguieron subir
en la escalera de la vida.

¡Descubre!
Descubre aquello que es bueno dentro tuyo.
Procura por encima de todo ser gente,
yo también voy a intentar.
¡Hey! Tú...
ahora ve en paz.
Yo preciso decirte que... TE ADORO,
simplemente porque existes"

E hoxe máis que nunca sinto que ese artista se asemella máis a Chaplin do que xamáis creín.