segunda-feira, 20 de fevereiro de 2012

Querida Sorte:
Fuches algo piadosa de nós e quixeches que pasara a data do meu aniversario sen altercados, pero un día despois abandonaches o barco. Sigo a estar enfadada contigo pois non te portas bens coa xente que máis quero. Outra vez falla a saúde que polo de agora non era boa pero mantíñase estable...
Non nos queda máis remedio que armarnos de valor e seguir sen a túa compaña. Volve cando gostes, sempre es ben recibida a pesar do enfado. Pero non sei que pensarías ti de alguén ou de algo que te abandona sempre cando máis se complican as cousas. Ata pronto!

1 comentário:

  1. A sorte é caprichosa, agora é sempre foi e será así, e os caprichos as veces (moitas) son inxustos.

    ResponderEliminar