domingo, 11 de dezembro de 2011

Que duro é...

Que duro é ver nunha folla de urxencias un diagnóstico que xa sabiamos de antemán, pero non é o mesmo que che falen de un cancro de pulmón que máis ou menos xa sabemos todos o que é, que leer o diagnóstico por escrito "Adenocarcinoma de pulmón en fase IV". "É o mesmo diagnóstico" penso unha e outra vez para min, pero no fondo sei que non é igual.
Por desgraza coñezo os diferentes estadíos da enfermidade que nos atormeta dende hai uns meses. "Puto cáncro!" me digo case sen pensar, "levaches á miña prima e agora queres acabar co meu pai". A única maneira de desafogar a miña frustración é personalizar a enfermidade e falarlle de "tú a tú". Non sei se me estou volvendo tola, se esto é un proceso normal ou se estou caindo outra vez no burato da tristeza e da desesperación. Non o sei, pero gústame pensar que só é unha fase e que hei sobrepoñerme e seguir adiante.
A soas choro, grito e me enfado e ás veces o enfado me dura varios días, pero intento disimular e tranquilizarme, tento non facer daño con palabras a quen non as merece pero aquela persoa que me perturba, abuf!, non teño piedade. Despois tento sorír, pero ás veces custa porque esto cansa, pesa... Pero non podo tirar a toalla, teño que aguantar e seguir hacia adiante, non podo determe a descansar nin soltar o peso de golpe. Espero que esta semana que empeza mañá sexa máis levadeira porque terei compañeira de fatigas, miña irmá ven á casa coma o turrón, pero esta vez o turrón saberá un pouco máis amargo.

Sem comentários:

Enviar um comentário