terça-feira, 27 de março de 2012

Avanzando nas adversidades

Querida Phoe,
quero que saibas que túa nai está avanzando na superación do mal trago de terte despedido. Onte falei con ela e emocionouse ao recordar momentos vividos contigo. Pero o positivo desta nova é que xa empeza a falar de ti, de recordar os bos momentos, os detalles, ...
Alá onde queira que estés seguro que estarás contenta de ter noticias da familia. É un feito que te botamos de menos pero tratamos de non estar tristes, seguro que este avance che alegrará despois de terte informado das malas novas que acontecen baixo o teito da miña casa.
Sabes de sobra o que é esta loita que afronta o Sr. ET, ti mellor ca nadie sabes o suplicio que é non saber que vai acontecer o día de mañán. Pero non te preocupes, sei que estás apoiándonos dende a distancia, noto a túa presencia a través dos pensamentos e dos soños, das sensacións que me percorren o corpo en certas situacións. Estás aí e eu aquí, non quero esquecerte e quero contarche que agora son máis forte. Ti me ensinaches a seguir adiante, a loitar nas adversidades, a cambiar a vela e surcar o mar cando o vento cambia.
Considero un inmeso avance a conversa que tiven onte con túa nai, estou contenta de que fora así, que puidera soltarse e emocionarse ao recordarte. Fuches e serás sempre unha muller estupenda e inolvidable, por eso te teremos nas nosas conversas, nas nosas rememoracións e nos soños. Xa sabes que es benvida se queres vir visitarme en soños, é un canal marabilloso que nos fai coincidir no mesmo plano para abrazarnos, vernos e reírnos.
Unha grandísima aperta dende este rincón onde imos avanzando a pesar das adversidades.

Sem comentários:

Enviar um comentário