quinta-feira, 29 de março de 2012

Cando falar é gratis

Hai xente á que había que cobrarlle por falar. Hoxe coñecín outro caso de esos que había que coserlle os beizos ou cobrarlle moi caro as palabras que soltan pola boca. Digamos que a persoa en cuestión se chama Noli, é unha muller xubilada, veciña de toda a vida da familia de miña avoa e que perdeu o seu marido por un cancro. A señora en cuestión é das típicas que se pasea polo tanatorio do pobo para saber quen morreu ou quen non e que se pode se mete nos velatorios máis íntimos sen percatarse de que sobra no lugar.
Cando tivemos que velar a Phoe ela pretendía estar toda a noite cando a familia tiñamos acordado que só a xente máis cercana pasaría a noite alí se é que llo pedía o corpo. Entre varias persoas houbo que levala do lugar dun xeito sutil, porque non pillaba as indirectas. Pero este non era a historia que vos quería narrar hoxe senon outra.
Hoxe veu vistar ao Sr. ET que segue ingresado, estivo comentando en onde estivera o seu marido cando era el quen libraba a batalla contra o cancro. Contou que neste mesmo lugar morrera outra veciña que fora vencida na noita na que se atopa inmerso o meu pai. Non ten tacto a Sra. Noli, e cando meu pai lle preguntou por uns compañeiros que perderon a batalla que comenzaran xuntos, esta nin corta nin perezosa espetoulle que o Sr. Jon morrera, meu pai quedou en silencio e ela mirou para min, eu fixen como que non oín pero a mriada que lle botei foi bonita. Ela rectificou e dixo que o señor polo que preguntaba era outro, que se confundira de familia e eu tratei de sacar ferros ao asunto botando balóns fora para que meu pai non lle dera máis importancia ao asunto e colara como un erro da Sra. Noli. Eu por dentro estaba desexando estragulala porque ninguén lle contou que os seus amigos e compañeiros de batallas caeran na loita ao pouco de velos no seu anterior ingreso.
Cada vez penso que había que cobrarlle á xente por falar. Estou enfadada con esta señora e a próxima vez que a vexa dareille un toque de atención, hoxe non era o momento porque entón si que había sospeitar de que algo raro acontecía. Canto bocazas hai polo mundo!

Sem comentários:

Enviar um comentário