quinta-feira, 8 de março de 2012

O día da Muller

Hoxe é o día Internacional da Muller Traballadora. Cando unha muller non é traballadora? Se está na casa e fai os labores propios dun fogar, está traballando! Se vai a ofina e chega a casa e fai a comida, está traballando dúas veces! Se só vai á oficina ou calquera outro sitio onde teña que desmpeñar funcións laborais, está traballando! Vamos, unha muller, sexa cal sexa, sempre será unha muller traballadora en maior ou menor medida.
Hoxe lía no caralibro de un compañeir do traballo aquelo de "e cando é o día do home?", os ollos quedáronseme coma pratos. O tío debe ser tonto, ou polo menos un incosciente, non se da conta do privilexio que ten só polo feito de nacer con un pelexo entre as pernas.
Neste día penso moito en algunhas cousas, no camiño que está tomando esta sociedade e como ignoramos certos aspectos. Como este blog está estreitamente relacionado coa enfermidade do cancro, quero facer unha mención especial a todas esas mulleres -traballadoras ou non- que padecen, padeceron ou padecerán algún tipo de cancro que afecta só ás mulleres: de útero, de mama, de ovario... Son moitas mulleres traballadoras e loitadoras -a loita contra esta enfermidade é un gran traballo en si- que tiveron que afrontar e afrontarán esta enfermidade con arroxo e decisión, sen medo, con ánimo e bo humor. Para min hoxe, merecen esta mención especial.

Sem comentários:

Enviar um comentário