terça-feira, 6 de março de 2012

Chove outra vez, e outra

Na última semana tres chaparróns, breves pero intensos, azotaron as nosas vidas. Houbo que correr sen paraugas e corremos coma nunca. Esto cansa.
Non me gustan este tipos de chuvias, son aburridas, cansinas e te obrigan a vivir en tensión dende que comezou esta estación. Unha estación fría, húmida e sobre todo triste. Con momentos, como non, que alegran a vida e o ceo pero que se ven relegados a segundo plano cando unha tormenta deixa caer auga sobre o noso fogar.
Teño paraugas, chuvasqueiro e botas de auga para tratar de minimizar a molladura pero resulta insuficiente en ocasións. Cando non chove no ceo, chove nos meus ollos. Sinto tristura que me amarga e me debilita e cando un raio de sol ilumina a miña vida aproveito ao máximo ese calor que desprende o meu sol, Saule.
Quero que remate esta tensión e á vez dame medo que esto ocorra. É estraño. Quero berrar, saltar nun charco e mollar aos coches. Non sei... estou confusa. Repítome unha e outra vez: "son forte, son forte... son valente, son forte... non teño medo, ánimo... arriba, sigue, loita". E así consigo avanzar, lenta pero segura.
Choverá outra vez pero aguantarei o chaparrón, a primaveira está preto e o sol fará que as flores saian tímidamente a adornar os campos e as árborres. O mundo cubrirase de cores e o gris do ceo non será xa tan triste. "Ánimo, son forte, eu podo, eu sei como facelo"

Sem comentários:

Enviar um comentário