quarta-feira, 14 de março de 2012

Diálogos

Alguén tivo un walkman -ou como se escriba- desos que estiveron de moda nos 80 ou 90? Refírome a eses aparatiños portátiles que colgabas no cinturón que servían para meter unha cinta de música -ou calquera outra cousa- e escoitalo a través de uns cascos que te poñías nas orellas. Acordádevos de que lle ocorría cando as pilas se estaban quedando sen enerxía?
Xusto así é como vexo eu a meu pai. El mesmo di que se lle están esgotando as pilas, está canso -moito- de non poder encher os pulmóns de aire, de ir a médicos semana si semana tamén. Véxoo derrotado, sen folgos a penas para poder falar e bastante desmotivado. Supoño que é algo normal ante este fatiga que cada día vai a máis.
Conversa de hoxe para chegar a pensar o que penso:
- Papi, como estás?
- Pss... bueno... - como bo galego non responde directamente.
- Dóeche algo?
- Non - por fin contesta algo concreto.
- Estás fatigado?
- Para mover unha falange teño que pedir permiso - sen lugar a dúbidas é un si rotundo.
- Pero é fatiga como cando tes líquido no pulmón?
- Non.
- Entón?
- Estó é que se me está esgotando a pila- responde falando moi lentamente e tratando de non afogar entre palabras.
- Haberá que cambiala, coma a teu reloxo - sonrío e quedo en silencio. El sonríe e non fala máis do tema. - Non queres poñer a tele?
- Non, só quero durmir - e pecha os ollos buscando traquilidade. Eu levanto o campamento do salón e veño á miña habitación.
Vexo a meu pai que cada día lle custa máis facer o rutinario, ainda así hoxe levantouse, extendeu a mangueira do osíxeno ata o baño e sentouse na banqueta para afeitarse e asearse. Tranquilamente voltou ao sillón e quedou alí durmitando mentres de cando en cando, a súa filla pequena -eu- interrompía o seu descanso para ver se estaba ben e tratar de animalo a poñer unha boa película que o fixera evadirse desta difícil realidade. Entre tanto soa o teléfono, contesto, é miña irmá.
Ela está en Alemaña vivindo esta situación de lonxe e non pode facer outra cousa que non sexa imaxinar a situación que se vive baixo este teito do que hoxe vos escribo.
- Como o ves? -pregunta curiosa, porque miña nai non lle conta a realidade do día a día.
- Dígoche a verdade ou queres que minta un pouco?
- A verdade - sentencia sen dubidar.
- Cada día peor...

Sem comentários:

Enviar um comentário