domingo, 6 de novembro de 2011

Chovía nos seus ollos

O ceo estaba gris, os tempos eran duros e no seu rostro un xesto de tristeza se debuxaba sen que ela se enterase. Miraba ao seu marido con ollos cheos de esperanza, desexaba que aquelo non estivera pasando, non de aquela maneira. Cando a emoción superaba ao control e os ollos se encharcaban desviaba a mirada hacia a ventá, onde se podía ver a cidade de Pontevedra e o comzo da ría. Quedábase así un tempo, pensativa, observando o seu entorno e tentando controlarse.
Non se podía permitir virse abaixo na presenza do seu home e facíase a forte con bastante esforzo. Despois de aquela nova era normal estar así, sobre todo cando aquelo que che viñan diciendo que pasaría, estaba pasando. O diagnóstico estaba aí e agora había que esperar indicacións, eu pensando que non podiamos dar por feito nada e que non debiamos antepoñer un posible futuro final ao presente.
Cando fun buscar a miña nai, e xa de paso visitar ao meu pai e levarlle varias cousas das que lle gustan a él, contemplei a situación e percateime que o que había pasar nos próximos días lle ía resultar moi difícil a ela. Nada máis saír pola porta do hospital comezou a chover dun xeito desesperado, pero esta vez non foi tanto no ceo. As gotas era bágoas que saían dos ollos de miña nai sen remedio, e no ceo, coma nas boas películas cando hai un momento dramático, tamén chovía para facer máis crúa a situación que estabamos a vivir. Eu fixen de tripas corazón, e a pesar de que tamén tiña ganas de facelo, tiven que evitar chorar, abracei a miña nai e comezamos a viaxe de volta a casa. Non deixou de chover nos seus ollos.

Sem comentários:

Enviar um comentário