segunda-feira, 14 de novembro de 2011

Contigo todo é posible

Querida Saule:
Es a miña inspiración. Es o meu motivo para sorrír cada día gris, cada día de choiva. Cada momento vivido contigo é un momento inesquecible que rememoro cando me sinto gris, nos teus ollos vexo reflexada a miña alma e co teu mirar me sinto completamente espida. Es unha muller fermosa, unha gran persoa e o mellor que me pasou en anos. Son afortunada de contarte na miña vida. Es única e irrepetible, non podo imaxinar a miña vida sen ti.
Ámote. Es a muller da miña vida, esa persoa coa que anhelo formar un proxecto común chamado familia. Non dubido un só intre cando escribo estas palabras, es ti a persoa que coa que quero compartir o que me quede de vida, ou o que o destino nos deixe desfrutar. Xuntas podemos formar un equipo de dúas mulleres grandes e seguras, loitando por educar na diversidade a aqueles/as que nos rodean.
Se morrese mañá so che diría unha cousa, Saule, ámote hoxe e amareite por sempre. Seguirás sendo a inspiración que me fai sorrír frente as treboadas, seguirás sendo o raio de sol que me ilumina colándose entre os nubarróns, serás sempre Saule. Contigo todo é posible.
Hoxe en día chove na miña vida pero ao estar contigo o ceo se despexa de súpeto, es o meu sol, a miña lúa e o meu todo.

Sem comentários:

Enviar um comentário