sábado, 12 de novembro de 2011

Tempo de choiva

Querida Chuvia:
Hai tempo que vas e ves ao teu antollo pola miña vida, deixando mollado todo aquelo por onde pasas e afectando a moita da xente que coñezo. A ver se respectas un pouquiño os espazos persoais porque se ves un tellado, choves de lado ata romper as ventás que nos protexen das inclemencias. E ti vas ao teu sen pensar nas consecuencias.
Está moi ben que fagas o teu traballo, é necesario. Pero ver como actúas nos ollos dos meus seres queridos xa é demasiado. Míroos e vexo unha mirada perdida e uns ollos vidrosos que queren porse a chover unha vez máis. Ás veces mírome no espello e atópome con esa mirada perdida e non me identifico coa imaxe reflexada, un xesto triste e unhas gotas de Chuvia que quedaron atrapadas nos meus ollos. Non quero verte actuar máis que no ceo, Chuvia.
Por sorte teño unha inspiración que me despexa todas as nubes da mirada e descubre un sol que gardo no interior que ilumina a máis escura das noites. Esa inspiración digamos que se chama Saule. Espero que non chova moito, xa non por min senon polos que me rodean, porque non todo o mundo ten o mesmo recurso ca min para evadirse destos tempos chuviosos.

Sem comentários:

Enviar um comentário