terça-feira, 8 de novembro de 2011

Un pequeno chuvasco, un pinchazo

Cando os momentos de tensión se relaxan un pouco é cando o corpo se resinte, bueno, quen di o corpo tamén di a saúde. Despois de algúns días tensos de idas e venidas ao hospital parece que as augas se calman un pouco e nesa volta a calma intento facer rutina diaria como se nada ocorrese. Coma sempre corpo e mente van por libre. Eu de mente estou bastante ben, moi animada, de bo humor e con enerxía positiva pero o meu corpo onte empezou a facer augas. Primeiro molestias na cabeza, a típica dor de cando acumulas cansancio; despois dores premenstruáis e hoxe por fin, dor de garganta.
Non quero preocupar a ninguén que xa teñen bastante co seu, así que hoxe toca visita furtiva a médico de cabeceira, supoño que me dará algo para a infección de gorxa e receitarame repouso. Bueno, non quero adiantar acontecementos, xa se verá. Vaia racha! Ainda así non perdo o sorriso, teño moi bos motivos para non facelo, un deles chámase Amor.
Son tempos chuviosos, chegou o inverno a nosas vidas e no medio dun chuvasco so a min se me ocorre pinchar, pero esto é como os coches, saes cambias a roda e sigues o teu camiño. Así que así o dixen e así o farei!

Sem comentários:

Enviar um comentário