sexta-feira, 4 de novembro de 2011

Que fariamos sen ti?

Estimadísimo Bo Humor:
É xenial cando apareces nos bos momentos, pero sen dúbida es aínda mellor cando fas que os bos momentos sexan máis fáciles de levar. A túa amiga, Sorte, non se está portando nada ben con nós últimamente, xa o sabes, pero por sorte contamos contigo.
Ás veces de xeito macabro apareces entre doentes que se atopan nun hospital condeados a un final irrefurable. Moitos pacentes xogan co teu bo nome bromeando día e noite sobre o seu estado de saúde e sobre un futuro incerto. Menos mal que das ese toque de color aos días chuviosos e grises que se presentan na miña vida últimamente, non sei que faría sin ese contrapunto que me das.
Como ben saberás, porque sei que te levas con meu pai (e hei recoñecer que non é difícil facelo), el se deixa acompañar da túa presenza nestos tempos borrascosos, é o primeiro en facer bromas e chistes de calquera índole, últimamente ata bromea coa túa prima lonxana Morte. Cando ela e máis ti aparecedes na misma frase a miña nai se lle poñen os ollos coma pratos porque non lle gusta bromear con un posible funesto final, pero aquí o afectado e meu pai e se quere facer chistes sobre o seu estado e a relación que poida que ter coa túa prima, está no seu dereito. Vamos, digo eu...
Sen ti non tería aguantado estos dous días de axetreos sen terme vido abaixo, por sorte aguanto porque son forte e ainda que esté moi enfadada con Sorte ou con Destino, non vou permitir que eso me afecte na miña relación cos destinatarios e destinatarias das cartas que se me da por escribir estos días. Sonche así, que lle vou facer?
Espero que non decaia o ánimo meu gran amigo Bo Humor e que sigas ao meu lado neste treito tan duro que nos queda por percorrer. Que fariamos nós sen ti?

Sem comentários:

Enviar um comentário