quarta-feira, 30 de novembro de 2011

O ceo está gris e triste igual que o está meu estado de ánimo en ocasións. De súpeto un raio se amosa entre as nubes e aproveito para erguer a cabeza, había días que non sentía a calidez do sol no meu rostro. Non chove, pero o fará. Eu teño un paraugas a medias con Saule, teño unha cazadora impermeable con carapucha herdada de Phoe e isto me fai pensar en que quizáis sexa un sinal do destino.
Cando ao erguer a miña cabeza e dirixir a miña cara a ese raio de sol me percato desos pequenos detalles que fan máis doce a vida. Calquera cousa vale para animarse, unha frase, un xesto, unha película, unha canción, un aroma, unha sensación... calquera cousa que transmita e me poida sacar desa poza que se creo no meu chan de tanto chover.
Chove no meu entorno e no meu interior unha forza inexplicable fai que queira brilar e caldear un pouco o lugar que habito. Esa forza fai que sonría se cadra con máis esforzo, pero o efecto que produce no meu entorno se nota en varias persoas: meu pai, Don ET, protagonista dunha loita que fai que ás veces chova; miña nai, Merci, que non sabe usar os paraugas baixo esta choiva que nos afecta; miña tía, nai de Phoe, quen sen paraugas camiña sen rumbo entre os chaparróns; meu irmán, ET Jr, que non sabendo explicarse pasa entre chaparrón e chaparrón refuxiándose entre cornisas; miña irmá, Cuqui, quen dende loxe ve chover e non sabe ata que punto cala a auga que nos afecta...
Cando escribo parece que escampa un pouco e cando Saule me dedica un sorriso o sol brila por doquier, sinto orgullo e gratitude por coñecer a xente tan especial. Fanme sentir mellor persoa. E agora, tras escribir esto, o chan está mollado e as nubes me deron tregua.

Sem comentários:

Enviar um comentário