quarta-feira, 23 de novembro de 2011

A loita contra o cancro

Algunhas persoas non saben realmente quen loita contra o cancro? Pensan que só a persoa afectada pola doenza é quen ten a capacidade real de loitar, pero además da persoa enferma loitan tamén as súas familias, as súas parellas, os seus amigos... Loitan médicos, investigadores e en xeral persoal sanitario de oncoloxía e demáis ramas médicas que se poidan ver involucradas en función do diagnóstico. Precísase, ademáis, que a sociedade como conxunto se involucre nesta loita porque esta doenza é cousa de todo o mundo. Existen diferentes armas para combatir esta enfermidade como a quimo ou a radioterapia, a ciruxía e algún tratamento experimental que se está poñendo en marcha.

Existen gurús que anuncian a bombo e platillo, coma se de un milagre se tratase, que posúen a cura definitiva para esta doenza, pero os médicos indican que todavía hai moito por investigar para chegar a erradicar a enfermidade, en moitos campos todavía a medicina está ainda en cueiros. Por iso non se deixen enganar por falsos heroes, e profetas, sanadores e charlatáns de todo tipo, son todos uns aproveitados que pretenden comerciar coa esperanza de xente (moitas veces desesperada) cobrándolles prezos desorbitados por milagres que non existe e sen garantizar ningún tipo de resultado.

Existen outras armas para afrontar a dura loita que supón padecer un cancro en calquera das súas variantes, e moitas delas están na nosa man ou nas nosas mentes. Informarse é unha das claves, perimete unha detección máis temprana e ás veces pode contribuír á prevención. A autoestima é fundamental, tanto a do enfermo como a de as persoas máis achegadas. Esto permitirá afrontar con valentía e coraxe as diferentes estapas da enfermidade e ademáis permitira afinar o sentido do humor. A persoa enferma poderá incluso bromear co seu estado e coa súa enfermidade e as persoas máis cercanas poderán afianzar cos seus sorrisos e seu apoyo un enfoque o máis positivo posible da situación.

Ás veces é complicado sacar as forzas e a enerxía necesarias para poder sonreírlle á vida cando se padece esta doenza, pero xamáis hai que deixar de intentalo. Como din por aí "mentres hai vida, hai esperanza". Por esa razón mentres haxa vida non debemos permitirnos sucumbir ante a negatividade, ante a tristeza e a desolación. Haberá momentos nos que se poida chorar (xamáis diante da persoa enferma), pero sempre hai que saber cando parar e tratar de endulzar ese agrio momento con un sorriso, respirar fondo e retomar as forzas necesarias para seguir afrontando esta batalla.

A miña experiencia neste aspecto é como acompañante da loita, como apoio a unha amiga e a familiares por eso sei do que falo, ás veces costa sonreír cando ves como a enfermidade consume a un ser querido pero nun caso conseguín estar aí ata o último momento e non me arrepinto. Nunca deixei de apoiar a Phoe e agora estou aquí apoiando a meu pai como boamente sei, dando sempre o mellor de min.

Axúdome de escribir no blogue, de comentar con outra xente en foros, de tratar ver sempre a vida en positivo e de todo o meu círculo de xente especial que inclúe á miña parella, algunha amiga e a algúns membros da familia.

Sem comentários:

Enviar um comentário